Escuchar

Dúas persoas trasladadas despois de declararse un incendio nunha vivenda en Redondela

Un incendio que tivo lugar esta mañá nunha vivenda de dous andares en Redondela saldouse con dúas persoas trasladadas ao centro de saúde da localidade, unha cun ataque de ansiedade e outra con síntomas de inhalación de fume. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu o contido do faiado, sobre todo roupa.

O incendio ocorreu no lugar de Outeiro das Penas, na parroquia de Cesantes, ao fío das 11:30 horas. Foi a esa hora cando o propietario da vivenda contactaba co 112 Galicia para alertar dos feitos. Indicaba no seu relato que ían saír da casa.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, da Policía Nacional, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar do incendio, a dotación sufocou o lume e ventilou a vivenda.

 

Un accidente de tráfico entre un autobús urbano e un coche en Ourense sáldase cunha muller ferida

Unha muller resultou ferida esta mañá ao producirse un accidente de tráfico no que se viron implicados un autobús urbano e un coche. Os feitos producíronse na rúa Curros Enríquez, cando o coche de liña, no que viaxaba a vítima, freou en seco para evitar o impacto co turismo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia,  no autobús viaxaban 50 persoas aproximadamente.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias ás 11:50 horas. Ademais, un particular contactou coa central do 112 para dar conta do ocorrido. Indicaba que ao deterse o autobús caeran varias persoas e unha delas, a pasaxeira ferida, necesitaba asistencia médica.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local e aos Bombeiros de Ourense.