Escuchar
Unha muller resulta ferida tras caerlle unha árbore enriba en Boiro
Unha muller resultou ferida esta tarde tras caerlle un pino enriba mentres traballaba no monte, na parroquia de Bealo, en Boiro. Foi o seu propio fillo quen chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, quen de inmediato, pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, debido á importancia das lesións, foi requirido o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Dende o CAE 112 Galicia tamén se pediu a intervención dos axentes da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil Boiro. O suceso aconteceu ao redor das 18:00 horas desta tarde.
 
Unha colisión múltiple deixa a unha muller ferida en Cabanas (A Coruña)
Unha muller ferida foi o resultado dunha colisión múltiple (tres vehículos implicados) que tivo lugar en Cabanas, na rotonda dirección Coruña ou Betanzos. Así o relataba o particular que chamou ao CAE 112 Galicia ás 13:39 horas de hoxe, para pedir axuda. De inmediato, se pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Cabanas.