Escuchar

Tres accidentes neste mediodía, un deles grave, en Oímbra, Valdoviño e Bergondo

En Oímbra, ao fío das 12:00 horas ocorría un accidente no lugar de Bousés, no punto quilométrico 10 da OU-1013. Tratouse dun choque entre un turismo e unha moto. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicou que o impacto fora moi grande.

Decontado, o persoal do CIAE alertou ao 061-Urxencias Médicas que desprazou ata o punto, o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Os axentes de Tráfico e os Bombeiros de Verín tamén foron informados do suceso  polo 112 Galicia.

Atropelo ciclista
Por outra banda, case ás 14:00 horas desta tarde, os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao CIAE do atropelo dun coche a un ciclista na AC-566, en Vilarrube, no concello de Valdoviño.  Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ferrol, GES de Mugardos e a Protección Civil de Valdoviño. Tamén puxo os feitos en coñecemento do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Camión contra a mediana
No concello coruñés de Bergondo un camión –de transporte de area- chocou contra a mediana da AP-9,dirección Coruña, despois de saírse da vía. O camión circulaba ao redor do punto quilométrico 4.5. Por fortuna, o condutor resultou ileso. Pasaban dez minutos das 14:00 horas desta tarde, cando varios particulares poñían os feitos en coñecemento do 112 Galicia.  A partir de aí, dende o CIAE requiriuse a intervención dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil e tamén se informou ao persoal do servizo da autoestrada.

 

Arde un quentador de auga nunha vivenda de Oleiros

Esta tarde, sobre as 16:00 horas, o CIAE era informado dun incendio nunha vivenda da Rúa Dos Niños, en Oleiros. Foi a Policía Local quen avisou ao persoal do 112 Galicia. Indicaban que o lume xa fora apagado polos efectivos de Protección Civil, ardeu o quentador e víronse afectados polo fume os mobles anexos. Aínda así, os profesionais do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Arteixo e ao persoal da empresa subministradora do gas.

Efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil indicaron que, eles mesmos apagaran o lume, a rotura dunha tubaria provocou que  o circuíto do quentador da auga se queimase. Así mesmo, o resto da vivenda tamén se viu afectada polo fume.

Incendio coche
Tamén sobre as 16:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia dun incendio nun coche en Redondela. O alertante indicou que o turismo estaba aparcado no Camiño das Barroncas, en Cesantes, cando comezou a arder polo motor.  Un veciño do lugar, coa axuda dunha mangueira apagou o lume. Aínda así, dende o CIAE informouse aos Bombeiros da cidade, Policía Local e a Protección Civil da localidade.