Escuchar

Dous traballadores resultaron feridos en senllos accidentes rexistrados en Cambados e O Rosal

Unha muller e un home tiveron que ser atendidos esta tarde ao sufriren senllos accidentes no traballo. Pouco antes das 13:00 horas de hoxe, en Cambados, unha mariscadora cravou un rastrillo nunha perna mentres apañaba marisco na Praia da Seca, en Correlo. Ademais, tras o golpe, a muller sufriu un esvaecemento e foi evacuada canto antes polos profesionais de Urxencias Médicas. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Así, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron un operativo no que, á parte dos servizos sanitarios de urxencias, participaron os axentes da Garda Civil e o equipo municipal de Protección Civil. Mais tarde, arredor das cinco da tarde, no Rosal, o operario dunha empresa especializada en impermeabilizacións sufriu queimaduras nas mans. Saltoulle un líquido -posiblemente asfalto líquido- cando manipulaba unha máquina. O accidente se produciu nun baixo do número 22 da Rúa Ramón Franco. Ata o lugar se desprazaron os profesionais de Urxencias Médicas e os axentes da Garda Civil e Policía Local.

 

Un camioneiro resultou ferido ao envorcar o vehículo que conducía en Silleda

Un camión envorcou na N-640, á altura do cruce de Chapa, en Silleda. O condutor saíu do vehículo coa axuda dos profesionais saintarios e algúns veciños que se prestaron a colaborar. Igualmente, os Bombeiros do Deza se desprazaron ao lugar do accidente, alertados polos xestores do 112 Galicia. Unha vez fóra do camión, o ferido foi trasladado nunha ambulancia de Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia. O vehículo era un camión con caixa que se foi da vía e rematou envorcado. Así o relatou unha persoa que presenciou o accidente e chamou ao 112 ás cinco desta tarde. Ademais dos bombeiros, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se pasou aviso aos axentes de seguridade. Por outra banda, en Boqueixón, concretamente en Lestedo, unha moto atropelou a unha muller. Ambos os dous resultaron feridos. Ocorreu ás 16:30 horas de hoxe na N-525. Ata o lugar se desprazaron os servizos de emerxencias unha ambulancia de Urxencias Médicas.