Escuchar

Unha colisión entre tres coches en Pontevedra sáldase sen persoas feridas

Un choque múltiple rexistrado hoxe en Pontevedra sáldase sen persoas feridas. No accidente víronse implicados tres vehículos.

O sinistro tivo lugar na N-550, na parroquia de Lérez. Unha persoa particular informaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 14:20 horas desta tarde.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Accidente en Vigo
Tampouco hai que lamentar danos persoais noutro accidente rexistrado esta tarde en Vigo, no que se viron implicados un autobús urbano e un turismo. A colisión produciuse na praza de España.

Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicia minutos despois das 16:00 horas desta tarde. Acto seguido, dende a central de emerxencias do 112 informouse a Protección Civil e á Policía Local.