Escuchar

Falece un home ao sufrir unha caída cando traballaba na súa casa de Lobeira

Un home perdeu a vida hoxe no concello ourensán de Lobeira despois de precipitarse ao chan cando estaba a traballar na súa propia casa. A vivenda sitúase no lugar de Ermille, na parroquia de Santa Cruz de Grou. Un particular alertou do acontecido ao CAE 112 Galicia minutos antes das 13:30 horas de hoxe. Decontado, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas. Os servizos sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense para asistir ao home, aínda que acabou falecendo no punto. O CAE 112 Galicia tamén informou ao GES de Lobios e á Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar dos feitos.

 

Atropelados dous mozos nun paso de peóns na Coruña

Dous mozos foron atropelados por un vehículo nun paso de peóns da rúa Valencia, na Coruña. Un particular deu conta do dobre atropelo ao CAE 112 Galicia ás 15:15 minutos desta tarde. Segundo o seu relato, os homes quedaran feridos. Urxencias Médicas, alertado polo 112 Galicia, acabou trasladando aos dous varóns ao Hospital San Rafael da cidade. O persoal do CAE 112 Galicia tamén informou do atropelo á Policía Local e aos Bombeiros da Coruña.