Escuchar
Un traballador faleceu en Valdoviño tras ser atropelado por un camión
Un operario perdeu a vida esta tarde despois de ser atropelado por un camión que circulaba marcha atrás no lugar de Casas Novas, en Valdoviño. Ás 13:20 horas de hoxe, un particular alertou ao CAE 112 Galicia, que solicitou a axuda de Urxencias Médicas, da Policía Local, da Garda Civil e do GES de Mugardos. A vítima estaba liberada, polo que se descartou a intervención dun equipo de excarceración.
 
Logran pór a salvo dun incendio a 30 vacas dunha granxa de Maceda
Os efectivos de Protección Civil de Maceda e do Distrito Forestal da zona conseguiron pór a salvo aos 30 animais –na súa maioría vacas- dunha granxa que resultou calcinada no lugar de Xinzo da Costa. Segundo confirmaron os axentes da Garda Civil as lapas devoraron a totalidade da estrutura, agás algunhas partes de formigón. En canto ao gando, só un becerro resultou ferido. Ás 15:40 horas desta tarde, un particular pediu axuda ao CAE 112 Galicia, que solicitou medios de extinción ao Concello de Maceda, Protección Civil e Distrito Forestal da zona. Tamén, foron informadas as forzas da orde.