Escuchar

Unha colisión múltiple en Xove sáldase co traslado dun bebé

Unha colisión entre tres coches no concello lucense de Xove rematou co traslado dun bebé a un centro sanitario. O sinistro produciuse na avenida da Deputación. Un particular contactou co 112 Galicia ás 16:30 horas desta tarde para alertar do accidente múltiple. Os profesionais do CAE 112 Galicia informaron dos feitos aos Bombeiros de Viveiro, a Urxencias Médicas, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios mobilizaron ata o lugar unha ambulancia para atender ao bebé. Finalmente, o pequeno foi trasladado por precaución. Na zona na que aconteceu o accidente rexistráronse retencións de tráfico durante esta tarde.