Escuchar
Un accidente múltiple con catro coches implicados deixa tres feridos en Soutomaior
Un total de catro vehículos colidiron na N-550, no punto quilométrico 134, en Soutomaior. A causa do impacto, tres persoas resultaron feridas, polo que foron atendidas no lugar dos feitos polos servizos de urxencia e trasladadas a un hospital de referencia. Un particular alertou ás 18:58 horas desta tarde ao CAE 112 Galicia, que, de inmediato, informaba a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico de Pontevedra e a Protección Civil de Soutomaior.