Escuchar

Ferido un motorista ao caerse do seu vehículo en Maceda

O condutor dunha motocicleta resultou ferido este mediodía despois de caerse do seu vehículo no termo municipal ourensán de Maceda. A persoa accidentada foi trasladada a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 28 da OU-536. Un camioneiro alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 12:00 horas. Explicaba no seu relato que viaxaban tres motos xuntas e que a vítima é estranxeira.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse decontado o aviso a 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao, aos efectivos do GES do Pereiro de Aguiar e Protección Civil.

Accidente entre coche e moto
Por outra banda, en Culleredo, unha colisión entre un coche e unha moto saldouse coa motorista ferida. O accidente tivo lugar na rotonda do Burgo, xunto ao paseo marítimo.

O 112 Galicia recibía a alerta a través do condutor do turismo ás 16:30 horas. Nese momento o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poñía a situación en coñecemento de 061-Urxencias Sanitarias, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Arteixo.

Finalmente, a muller foi trasladada ao centro médico de referencia.