Escuchar

O Pesca-I trasladou a terra aos dous tripulantes dun veleiro afundido en Porto do Son

Un veleiro de bandeira inglesa e nome Mistral afundiu esta tarde preto de Baroña, en Porto do Son. As dúas persoas que viaxaban a bordo foron trasladadas a Vigo polo Pesca-I en perfecto estado de saúde. Segundo explicou o persoal de Salvamento Marítimo, a embarcación presentaba unha vía de auga e pouco despois se foi a pique. O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activou o operativo pouco antes das seis desta tarde, tras recibir o aviso de Salvamento Marítimo.

 

O helicóptero medicalizado se despraza a Oroso para asistir a un veciño ferido

Un veciño resultou ferido mentres cortaba leña na súa finca. O helicóptero medicalizado con base en Santiago se trasladou á parroquia da Gándara, en Oroso, para asistir ao ferido. O particular que chamou ao 112 Galicia asegurou que se cortara nunha perna. Así, os técnicos de Urxencias Médicas decidiron enviar a aeronave, mentres o persoal do CAE 112 Galicia pedía a colaboración da Policía local e os voluntarios de Protección Civil para facilitar a aterraxe. O suceso ocorreu pouco antes das cinco desta tarde.