Escuchar

Dúas persoas perderon a vida a causa dunha colisión múltiple en Burela

Un camión e dous turismos colidiron esta tarde na N-642, ao paso por Burela. Como consecuencia do impacto, faleceron dúas persoas. A colisión se rexistrou ás 16:20 horas de hoxe na variante de Foz a Burela, en dirección a Viveiro. Os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo tiveron que rescatar ás vítimas, atrapadas no interior dun dos turismos implicados. Os profesionais do CAE 112 Galicia tamén pediron axuda aos equipos de limpeza do Ministerio de Fomento, que se encargaron de despexar a vía. O accidente deixou numerosos danos, ademais de causar retencións no tráfico. O operativo se puxo en marcha despois de recibir no 112 Galicia a chamada de varios condutores que alertaban do accidente. Ademais de bombeiros e efectivos de emerxencias, se achegaron ao lugar sanitarios e axentes de seguridade.

 

Unha muller resultou ferida grave despois de caer por un barranco o coche no que viaxaba

Dúas persoas, un home e unha muller, resultaron feridas tras caer por un desnivel o turismo no que viaxaban. Ocorreu minutos despois das catro desta tarde na AC-552, no lugar da Piolla, en Cabana de Bergantiños. Un equipo médico acudiu á vila a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela para atender aos feridos, pois a muller chegou a perder a consciencia. Os profesionais do 112 Galicia solicitaron, ademais, a intervención dos Bombeiros de Carballo, que, cando chegaron ao lugar do accidente, comprobaron que os feridos estaban fóra do vehículo. Por outra banda, en Cabanas, pouco antes das catro desta tarde, chocaron un autocar e un turismo. A persoa que viaxaba no coche levou un golpe na cabeza, mentres que os tres pasaxeiros do autobús, menores de idade, resultaron ilesos. O accidente se produciu vindo das Pontes en dirección a Pontedeume. Por último, en Cangas, despois do mediodía, tres turismos colidiron na parroquia de Aldán. O golpe provocou algunhas lesións nun xeonllo a un dos implicados, que foi trasladado ao Hospital Fátima de Vigo.

 

Apareceu no Vicedo o mozo santiagués desaparecido

Unha persoa chamou este mediodía ao 112 Galicia para informar da localización do vehículo do mozo desaparecido en Santiago. Estaba preto do Mirador de San Román, no Vicedo. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias avisaron aos axentes de seguridade, que, pouco despois, confirmaron que o rapaz apareceu e sería trasladado para un recoñecemento médico.