Escuchar
Cae un raio nunha embarcación de pesca en Camariñas
Un barco de pesca foi afectado polo impacto dun raio mentres faenaba en augas próximas a Camariñas. Os tripulantes atópanse en perfecto estado de saúde e, unicamente, rexistráronse danos materiais na estrutura do pesqueiro. Así mesmo, a embarcación puido volver a porto sen que se rexistrasen incidencias. O CAE 112 Galicia recibía a chamada dun particular ás 14:16 horas do mediodía e, de inmediato, informaba a Salvamento Marítimo de Fisterra e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
 
O incendio dunha vivenda deixa un ferido en Ribeira
Unha persoa resultou ferida tras o incendio dunha campá extractora nunha vivenda particular en Ribeira, na rúa Arcebispo Xelmirez. O propietario do piso logrou controlar as chamas, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros. A consecuencia deste suceso, sufriu queimaduras nunha man, polo que foi trasladado ao PAC de Ribeira polo Grupo de Atención ás Emerxencias da localidade. O CAE 112 Galicia recibiu a chamada dun particular ás 15:35 horas do mediodía e alertou a Urxencias Médicas, Bombeiros, Policía Local e GAEM de Ribeira.
 
Unha saída de vía sáldase con dos feridos en Barro
Tres persoas resultaron feridas ao perder o control do vehículo no que viaxaban en Barro, concretamente na EP-9402, no lugar de Porráns. A ambulancia encóntrase nestes momentos no lugar dos feitos atendendo aos feridos. A chamada dun particular alertaba ao CAE 112 Galicia ás 18:51 horas desta tarde que, informaba a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico de Pontevedra e a Protección Civil de Barro.