Escuchar

A salvo un peregrino que foi arrastrado polo mar en Fisterra

Os servizos de emerxencias mobilizáronse para socorrer a un peregrino que foi arrastrado polo mar mentres se bañaba na praia de Mar de Fora, en Fisterra. Salvamento Marítimo decidiu enviar o helicóptero Pesca 1 e a embarcación Salvamar Altair. Por terra, requiriuse a intervención de Protección Civil, Policía Local e Urxencias Médicas. Tamén, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Gardacostas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o mozo levaba 40 minutos tentando saír da auga pero a resaca do mar arrastrábao constantemente. O 112 tiña constancia dos feitos a través da alerta dun particular pasados uns minutos das 16:05 horas.

Finalmente, o peregrino, ileso, conseguiu saír da auga polos seus propios medios.