Escuchar
Controlada unha fuga de amoníaco en Ourense sen causar danos persoais nin materiais
Os Bombeiros de Ourense controlaron este mediodía unha fuga de amoníaco procedente dunha antiga fábrica de xeo situada na Rúa Ribeira de Canedo. Segundo constataron os efectivos do parque municipal, a perda se producía polos condutos dun depósito. Co gallo de garantir a seguridade dos veciños, acordoaron a zona e aplicaron medidas de contención e recollida da vertedura. Igualmente, confirmaron que a fuga se saldou sen causar danos á poboación nin ao medio ambiente. Ás 14:30 horas de hoxe, un particular, alarmado por un intenso cheiro na rúa, avisou ao CAE 112 Galicia, que solicitou a intervención aos Bombeiros de Ourense e á Policía Local.
 
Trasladan a unha muller afectada por inhalación de fume en Fene
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao centro de saúde a unha muller que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras arder unha pota na súa cociña. Por fortuna, non chegou a producirse incendio, pero si acumulación de fume. O CAE 112 Galicia, pese a ter solicitado xa a intervención dos Bombeiros de Ferrol, anulou aos medios de extinción cando as forzas da orde descartaron a presenza de lume. Sen embargo, o 112 si pediu axuda a Urxencias Médicas, Policía Local e GES de Mugardos. O suceso ocorreu ás 13:30 horas de hoxe na Rúa Antonio Montero, en Fene.