Escuchar

Rescatado un ciclista que caeu ao río en Negreira

Un ciclista caeu ao río dende a Ponte de Couso de Arriba, en Negreira. O accidente produciuse pouco antes das seis desta tarde. O ciclista circulaba pola estrada que une Negreira con Serra de Outes, ao paso pola parroquia negreiresa de Campolongo. Por razóns que aínda se investigan, o ferido se saíu da vía e caeu dende a ponte ao río.  

A persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar, dixo que o ferido ía con outro compañeiro, que estaba intentado rescatalo. O persoal do 112 Galicia buscou o apoio dos Bombeiros de Santa Comba, que, finalmente, sacaron ao ciclista do río. 

Pola súa banda, o servizo sanitario de urxencia enviou ao lugar do accidente un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela, que está atendendo ao ferido. 

Ademais dos Bombeiros de Santa Comba, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos membros do GES de Brión, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.