Escuchar

Un mozo, evacuado en helicóptero tras caer dun tellado en Carnota

Un mozo resultou ferido esta tarde en Carnota tras caer do tellado da casa da avoa. A vítma estaba a realizar unhas tarefas de mellora, pero ao romperlle unha tella acabou precipitándose ao chan dende unha altura duns catro metros. 

Os feitos tiveron lugar nunha propiedade de Lariño, situada na estrada xeral que vai a Carnota. Ata as inmediacións desprazouse un helicóptero, que acabou trasladando ao varón a un centro hospitalario. 

A propia avoa da vítima chamou ao 112 Galicia ás 15:40 horas desta tarde para dar a voz de alarma. Decontado, dende a central de emerxencias informouse ao 061, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal do 112 tamén deu conta do ocorrido ao GES de Muros, a Protección Civil e á Garda CIvil. 

 

Unha persoa ferida ao caer da moto en Narón

Un motorista resultou ferido esta tarde en Narón ao sufrir un accidente de circulación. A vítima caeu da moto na estrada que vai de Pedroso a Sedes. 

Foi unha persoa particular a que deu conta da situación ao 112 Galicia ás 18:10 horas de hoxe. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Narón, do Servizo de Emerxencias Municipal e da Garda Civil de Tráfico.