Escuchar

Aparece un home flotando na auga no Paseo de Lordelo, no Grove

Os voluntarios de Protección Civil do Grove sacaron da auga a un home que apareceu flotando en Lordelo. Pese aos intentos por reanimalo, a persoa faleceu pouco despois. Ocorreu sobre as cinco desta tarde no paseo marítimo do barrio grovense. Un veciño que pasaba por alí viu o corpo e chamou de contado ao 112 Galicia.

Deseguido, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias avisaron aos voluntarios de Protección Civil da vila e aos membros do GES de Sanxenxo. O corpo se atopaba nunha zona de pouco calado e apenas empregaron medios para sacalo da auga. Un equipo de Urxencias Médicas agardaba na beira para atender ao home, que, pese a varios intentos por reanimalo, faleceu. 

Ademais dos efectivos de emerxencias, o persoal do 112 Galicia informou aos axentes da Policía Local e da Garda Civil. 

 

Un motorista perdeu a consciencia tras bater cun coche en Viveiro

Un motorista resultou ferido despois de bater contra un coche en Viveiro. O accidente produciuse ás 16:30 horas de hoxe na Rúa Canta Rana. A persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda asegurou que o motorista estaba tendido no chan inconsciente. 

Pola súa banda, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Viveiro e aos axentes de seguridade.

Dúas menores feridas en Vilaboa
Ademais, o 112 Galicia rexistrou outro accidente de tráfico no lugar de Pazos, en Vilaboa. Como consecuencia do golpe, tres persoas resultaron feridas, entre elas, dúas nenas. O sinistro, unha colisión frontolateral entre dous vehículos, produciuse ás catro desta tarde, segundo informou unha persoa particular. Os xestores do 112 Galicia pedir a colaboración dos profesionais de Urxencias Médicas, dos Bombeiros do Morrazo e das axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.