Escuchar

Excarceradas dúas persoas tras un choque frontal en Cariño

Unha colisión frontal entre dous vehículos rexistrada esta tarde en Cariño deixa dúas persoas feridas. As dúas vítimas tiveron que ser liberadas polos efectivos de emerxencia. 

O sinistro tivo lugar no quilómetro 7 da DP-6121, en Reboredo, na parroquia de Sismundi. O 112 Galicia tivo coñecemento do choque ás 17:30, a través dun aviso de Urxencias Médicas.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de Tráfico.