Escuchar
Dúas persoas foron evacuadas en Sanxenxo a causa dun incendio nunha vivenda
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a dúas persoas que resultaron afectadas a causa dun lume no interior dunha vivenda situada na Rúa Poetas Galegos, en Sanxenxo. Nun primeiro momento, os feridos foron atendidos no Centro de Saúde da localidade. Segundo confirmaron os efectivos de extinción, o incendio se orixinou nunha campá extractora, que resultou totalmente calcinada, e se estendeu aos mobles do arredor. Ás 14:30 horas de hoxe, un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. De seguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros do Salnés, o Grupo de Emerxencias Municipal, a Policía Local e Urxencias Médicas.
 
Seis persoas resultaron feridas tras unha colisión en Vigo
Un total de seis persoas resultaron feridas a causa dun choque entre dous turismos na Travesía de Vigo. Os feridos foron evacuados por varias ambulancias de Urxencias Médicas aos centros hospitalarios de referencia. Tras recibir a alerta ás 13:50 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a mobilización das forzas da orde e de Protección Civil. Os servizos sanitarios de urxencia xa tiñan constancia do suceso.