Escoitar

Unha persoa faleceu tras un choque frontal en Ponteareas

Dous turismos colidiron esta tarde na EP-2703, na parroquia pontareá de Ribadetea. Como consecuencia do golpe, o ocupante dun dos vehículos implicados perdeu a vida. Os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron que se tratou dunha colisión frontal no quilómetro 11 da estrada que une o casco urbano de Ponteareas coa parroquia de Ribadetea. Tras recibir a chamada dun particular pouco antes das tres desta tarde, os xestores do 112 Galicia informaron aos servizos sanitarios de urxencia e aos bombeiros da vila.

 

Un accidente de tráfico e outro doméstico obrigan a mobilizar o helicóptero medicalizado a Ribeira

Unha colisión entre dous turismos na estrada do ceminterio de Fafián, en Ribeira, e un home que sufriu un corte cunha motoserra obrigou a desprazarse en helicóptero a un equipo médico de Urxencias Médicas. Nun primeiro momento, acudiron a atender aos feridos do accidente, pero, finalmente, puideron ser trasladados en ambulancia. Vinte minutos máis tarde, se achegaron a Oleiros para atender a un home que se cortou nun perna cunha motoserra. Ambos os dous accidente ocorreron sobre as dúas desta tarde. Ademais dos servizos sanitarios, o persoal do 112 Galicia informou aos membros do servizo municipal de emerxencias e aos Bombeiros de Ribeira.