Escuchar

Ferido un ciclista ao ser atropelado por un turismo en Cangas

Un ciclista tivo que ser evacuado en ambulancia despois de ser arroiado por un coche en Cangas. Os feitos tiveron lugar na Avenida da Coruña. Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 14:40 horas. Indicaba no seu relato que o ciclista estaba tirado no chan.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil da localidade.

Accidente de tráfico
Por outra banda, unha colisión entre dous vehículos saldábase esta tarde cunha persoa ferida en Ribeira. O accidente, que ocorreu na estrada que une Aguiño e Ribeira, provocou que a vía quedase cortada. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 16:25 horas.

Nese momento, o persoal do CAE 112 Galicia informaba do sinistro a Urxencias Médicas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ribeira e ao Grupo de Axuda e Emerxencia Municipal (GAEM).

Colisión en Ares
Dúas persoas foron trasladadas, entre elas unha nena de seis anos, despois de que colidisen dous turismos en Ares. Os feitos sucederon en Camiño Pedrós, á altura do lavadoiro. O 112 Galicia recibía o aviso do choque ás 17:55 horas.

Tras recibir a alerta, dende o CAE 112 Galicia solicitábase a colaboración de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, GES de Mugardos e Bombeiros de Ferrol.