Escuchar

Unha persoa ferida ao sufrir unha caída no porto de Marín

Accidente laboral en Marín. Unha persoa resultou ferida esta tarde ao sufrir unha caída dunha altura mentres traballaba no zona portuaria da localidade.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 15:30 horas, a través do aviso de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Protección Civil, á Policía Nacional e á Garda Civil. A Autoridade Portuaria tamén recibiu o aviso do persoal do 112.

Os efectivos sanitarios mobilizáronse ata o punto para prestar asistencia sanitaria á persoa ferida.

Caída en Meira
En Meira, entre tanto, un home resultou ferido ao precipitarse dende uns 8 metros de altura mentres pintaba o exterior da vivenda do seu pai. A vítima caeu a un patio de luces.

Os feitos tiveron lugar nunha vivenda da Avenida José Antonio. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación contra as 18:20 horas desta tarde, a través da alerta de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios solicitaban axuda para sacar ao home ferido do patio de luces. Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Protección Civil e á Garda Civil. O home foi trasladado a un centro sanitario

 

Arde un alpendre en Ribeira

Un alpendre e a herba seca que se almacenaba no seu interior arderon esta tarde en Ribeira. O incendio  declarouse nunha propiedade situada na rúa Salmón Gándara.

O lume danou o tellado e as paredes da construción e calcinou toda a herba que gardaba.

O 112 Galicia recibiu o aviso do propietario do pendello ás 15:50 horas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Ribeira e aos de Boiro, que se desprazaron ata o lugar. Tamén se informou ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal e a Protección Civil.