Escuchar

Excarcerada unha persoa nunha colisión en Santa Comba

Unha persoa foi excarcerada hoxe polos Bombeiros despois de sufrir un accidente de tráfico en Santa Comba. O coche da vítima sufriu unha colisión contra outro vehículo.

Os feitos tiveron lugar na DP-2904, a estrada que une a localidade con Carballo, á altura do cruce de San Salvador de Pedreiro. Despois de ser liberada, a persoa ferida foi evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario. Segundo se lle indicou ao 112, o seu estado é grave.

O 112 Galicia tivo constancia da situación contra as 13:45 horas desta tarde, a través do aviso de Urxencias Médicas. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Santa Comba, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

 

Unha persoa ferida en Soutomaior ao esnafrarse contra unha árbore

Unha saída de vía rexistrada esta tarde no concello pontevedrés de Soutomaior sáldase cunha persoa ferida. O vehículo no que circulaba acabou batendo contra unha árbore.

O sinistro aconteceu na parroquia de Arcade, na estrada N-550, á altura do quilómetro 134.

Unha persoa particular deu conta dos feitos ao 112 Galicia ás 15:00 horas desta tarde. Os profesionais da central de emerxencias alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Morrazo. Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico.