Escuchar

Trasladado en helicóptero un traballador ao resultar ferido en Vila de Cruces

Un home foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao quedar ferido de consideración despois de caer dende un camión no que estaba a traballar. Aconteceu na parroquia de Portodemouros, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Ás 15:50 horas deste martes, un particular alertou ao CAE 112 Galicia que, de inmediato, puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas e da Garda Civil. Os efectivos de Protección Civil da localidade, tras ser informados polo 112 Galicia, indicaron que o estado do operario era grave,  polo que o persoal sanitario decidiu mobilizar a aeronave. O home foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.