Escuchar

Unha colisión múltiple sáldase con tres persoas feridas en Caldas de Reis

Un choque entre tres vehículos saldouse con tres persoas feridas esta tarde en Caldas de Reis. O sinistro tivo lugar na N-550, concretamente no punto quilométrico 94, ao seu paso pola parroquia de Carracedo. Por mor da colisión, Urxencias Médicas trasladou unha persoa ao centro hospitalario Montecelo e dúas ao Hospital Provincial. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dos servizos sanitarios ás 16:55 horas.

Decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Vilagarcía, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Valga e a Protección Civil da localidade.