Escuchar

Un adulto e catro nenos, feridos nunha colisión en Cangas

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada esta tarde en Cangas deixa cinco persoas feridas, catro delas menores de idade. 

O accidente tivo lugar en Aldán, na estrada que vai a Bueu.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 14:45 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios indicaron que un dos vehículos continuou a súa marcha despois do sinistro.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou do ocorrido aos Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

 

Sofre un ataque epiléptico, sáese da vía e remata co coche nunha leira

Un home resultou ferido esta tarde nun accidente de tráfico ocorrido en Carballo. O varón saíuse da vía despois de sufrir un ataque epiléptico ao volante. O seu coche acabou caendo nunha leira.

Os feitos tiveron lugar na Grela, nas inmediacións dun campo de fútbol. 

Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia ás 16:00 horas desta tarde. Decontado, o persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Bergantiños. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. 

Ata o lugar do sinistro foi mobilizada unha ambulancia, que se encargou de trasladar ao home a un centro hospitalario. 

Motorista ferido
En Vilagarcía de Arousa, mentres, un motorista resultou ferido ao sufrir unha caída. Aconteceu na Avenida Ramón Fernández Matos, preto dun parque infantil. 

Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 16:00 horas desta tarde. Segundo indicou, estaba a ver dende a súa casa á vítima tendida no chan. 

Con estes datos, o persoal da central do 112 informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés, ao Servizo Municipal de Emerxencias e á Policía Local.