Escuchar

Unha muller ferida tras ser atropelada por un tractor en Vila de Cruces

Unha muller resultou ferida esta tarde en Vila de Cruces ao ser atropelada por un tractor. En concreto, os feitos aconteceron nas inmediacións do seu domicilio de Xordedo, na parroquia de San Tomé de Insua.

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo ás 18:20 horas desta tarde. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros do Deza, ao GES de Lalín, a Protección Civil e á Policía Local. Urxencias Médicas, pola súa banda, decidiu enviar ao punto un helicóptero medicalizado, aínda que o mal tempo impediu o traslado da muller na aeronave. Nos próximos minutos a muller será trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario.