Escuchar

Rescatan un excursionista en Fornelos de Montes tras sufrir unha caída

Un excursionista resultou ferido esta tarde, en Fornelos de Montes, ao sufrir unha caída mentres facía unha ruta de sendeirismo. A vítima dislocou un ombreiro, polo que tivo que ser evacuada polos efectivos de emerxencia.

Os feitos tiveron lugar nunha zona de difícil acceso, nun carreiro ao que só se pode acceder a pé, na contorna do río Oitavén, próxima á PO-250. Dadas as complicacións para chegar ao punto, valorouse un rescate aéreo, aínda que finalmente o home puido ser evacuado por terra, grazas á intervención dunha dotación dos bombeiros.

Un compañeiro da vítima chamou ao 112 Galicia ás 14:00 horas desta tarde. Explicou que estaban a facer unha ruta, pero que o seu compañeiro caera e  se lle saíra un ombreiro.

Con estes datos, e unha vez que o alertante facilitou a súa ubación a través do WhatsApp, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 púxose en marcha un amplo dispositivo.  Foron informados o 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros do Baixo Miño e a Garda Civil. Tamén se alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia

 

Un autobús atropela un neno na Coruña

Un neno resultou ferido, esta tarde na Coruña, despois de ser atropelado por un autobús urbano. O sinistro produciuse na Avenida de Oza, á altura do 115.

Varias persoas alertaron da situación ao 112, contra as 17:55 horas desta tarde.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros da Coruña, de Protección Civil e da Policía Local.