Escuchar

Tres persoas feridas nun accidente múltiple en Ourense

Tres persoas resultaron feridas nun accidente ocorrido en Ourense, na Ponte de Vista Hermosa, concretamente, na saída da A-52.

Segundo indicaron testemuñas que presenciaron o accidente, alúmenos, catro turismos –un deles envorcado- víronse implicados.

Pasaban uns minutos das 14:30 horas deste mediodía, cando o CAE 112 Galicia recibía a chamada dunha das testemuñas. A partir de aí, pasouse aviso a Urxencias Médicas, aos axentes de Tráfico e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Tamén, ao indicar a alertante da existencia de posibles persoas atrapadas, o 112 Galicia, decontado, solicitou a colaboración dos  bombeiros da cidade que, finalmente, aínda que se achegaron ao punto, non chegaron a intervir, despois de confirmarse que ningún dos feridos estaba atrapado no interior dos vehículos.

Ferida ao saírse da vía en Moaña
Unha muller resultou ferida ao envorcar o vehículo que conducía despois de saírse da vía cando circulaba pola PO-551, ao redor do punto quilométrico 33, en Domaio, na localidade de Moaña.

Ata a zona, desprazáronse ademais do persoal de Urxencias Médicas, os Bombeiros do Morrazo, aínda que, a muller puido ser evacuada polo persoal sanitario sen ser precisos os medios de excarceración. Dende O 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración das Forzas da Orde e de Protección Civil. Así mesmo, informouse aos Bombeiros de Vigo e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.  

O CAE 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 14:30 horas deste mediodía, grazas á chamada dun particular que solicitaba axuda. 

 

Ferido un home en Mugardos ao caer do tractor que manexaba despois de picarlle unha avespa  

Un home resultou ferido esta tarde despois de caer do tractor que manexaba en Mugardos. O particular que chamou ao CAE 112 Galicia para informar do accidente indicou que, unha avespa picou ó condutor provocando a caída do home  despois de bater contra a beirarrúa.

O ferido, que en ningún momento perdeu a consciencia, foi golpeado na cabeza e tivo que ser trasladado en ambulancia polo persoal sanitario.

Tras recibir o aviso do alertante, ás 17:00 horas, dende o CAE 112 Galicia se solicitou a colaboración de Urxencias Médicas, do GES de Mugardos e da Garda Civil de Tráfico.