Escuchar

Unha persoa ferida en Vigo ao caer a un patio de luces

Unha persoa resultou ferida ao precipitarse dende unha fiestra ao patio de luces dun edificio, en Vigo. Ocorreu nun primeiro andar do número un da rúa Pintor Laxeiro.

Un veciño da zona chamou ao 112 Galicia ás 16:30 horas para alertar da situación.

Os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Nacional.

 

Un incendio calcina parte dunha casa en Bande

Un incendio arrasou parte dunha casa, en Bande. O lume está xa controlado, aínda que polo de agora non está extinguido.

A vivenda afectada sitúase en Vilameá. No momento no que se declarou o incendio non había ninguén no interior da casa.

Foron varias as persoas que chamaron ao 112 Galicia contra as 14:00 horas. Segundo relataba unha delas, vía saír moito fume pola cheminea, había un forte cheiro a plástico queimado e se escoitaban explosións.

Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou ao GES de Muíños e ao de Bande. Tamén se informou  a Protección e á Garda Civil. A situación tamén se puxo en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, por precaución, pois nun primeiro momento descoñecíase se no interior da casa había persoas.

A esta hora, unha dotación do GES de Muíños continúa traballando no punto.