Escuchar
sábado, 6 Xullo, 2019

Un total de catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia, unha delas en helicóptero medicalizado, ao colidir os coches nos que viaxaban na estrada que leva Malpica a Ponteceso.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 11:45 horas da mañá de hoxe, grazas a chamada dunha persoa particular. Os feridos encontrábanse liberados e accesibles, aínda que, debido á gravidade das lesións dun dos implicados, foi necesaria a súa evacuación a través da aeronave medicalizada. Os outros tres ocupantes foron trasladados en ambulancia ata o hospital.

Ademais do persoal sanitario, colaborou no operativo o GES de Ponteceso e a Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Bergantiños, a Policía Local e os membros de Portección Civil tamén foron informados.

Colisión por alcance entre coche e camión en Allariz
Por outra banda, casi á misma hora, un accidente entre un coche e un camión na A-52, á altura do punto quilométrico 208, en Allariz, deixou ao condutor do turismo ferido de consideración na mañá de hoxe.

Ao redor das 12:00 horas, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do sinistro na parroquia de Santa María de Meire. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o condutor estaba cambiando unha das rodas do vehículo cando foi alcanzado polo camión. A causa do impacto, o home saíu despedido.

Unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia. O operativo contou coa colaboración dos Bombeiros de Xinzo de Limia e axentes da Garda Civil de Tráfico. A Policía Local tamén foi informada por se fose necesaria a súa intervención.