Escuchar
mércores, 19 Febreiro, 2020

Catro persoas resultaron feridas a pasada tarde en dous accidentes de tráfico.

O primeiro deles tivo lugar en Fene, na Avenida del Marqués de Figueroa. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, dúas persoas foron atropeladas ao fío das 19:30 horas.

Nada máis ter coñecemento dos feitos a través de varias persoas particulares, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Mugardos, aos Bombeiros de Ferrol e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Uns minutos máis tarde produciuse na Avenida da Atlántida, en Vigo, un choque entre dous turismos no que resultaron feridos un dos seus ocupantes e un home que foi atropelado por mor da colisión.

Foi un dos implicados no accidente quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia ás 19:35 horas.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo.