Escuchar
mércores, 26 Febreiro, 2020

Catro persoas resultaron feridas, entre elas un menor, despois de producirse un accidente entre dous turismos que circulaban pola DP-0812, concretamente á altura do cruceiro de Obra de Paño, en Lubre, no concello coruñés de Bergondo.

Todo ocorreu ao fío das 20:30 horas da pasada tarde cando, a esa hora, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun golpe moi forte no cruce do Cruceiro. Aseguraba que os danos eran unicamente materiais, polo que non era precisa a intervención dos medios sanitarios.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade e de Sada. Nada mais chegar ao punto, os efectivos de Protección Civil comprobaron, que debido ao forte impacto e aos danos causados, eran necesarios os medios sanitarios para atender a unha persoa ferida e medios para a limpeza da vía. Foi entonces, nese intre, cando os xestores do 112 deron conta dos feitos ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Betanzos.

 Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que foron catro persoas as que resultaron feridas, entre elas un menor.