Escuchar
luns, 27 Xaneiro, 2020

Un accidente con polo menos catro turismos implicados, deixou esta mañá un total de catro persoas feridas.

Sobre as 09:30 horas, unha persoa particular alertou ao 112 Galicia dunha colisión múltiple por alcance,  na rotonda do Álvaro Cunqueiro, na VG-20. Descoñecía se había persoas feridas.

Así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que catro persoas, aínda que non parecían revestir gravidade, resultaran feridas. Ata o lugar, desprazáronse ademais, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados.

Tres feridos en Sarreaus
Por outra banda, ás 11:30 horas tamén desta mañá, o 112 Galicia era informado doutro accidente con tres persoas feridas en Sarreaus (Ourense), ao paso por Cortegada, punto quilométrico 10.

Neste caso, tratouse dun choque entre dous turismos. Acudiron ao punto, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios, os axentes de Tráfico, os membros do GES de Laza e os efectivos de Protección Civil.