Escuchar
mércores, 16 Outubro, 2019

O mal funcionamiento dun quentador de auga pode ser a causa do malestar causado a catro ocupantes dunha vivenda na Coruña.

Os afectados foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) con síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de gases.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os ocupantes da vivenda comezaron a sentir mareos, dor de cabeza e mesmo sensación de moito sono, polo que, ás 8:30 horas desta mañá, solicitaron asistencia médica urxente. Así, acudiu ao domicilio situado na Rúa Novoa Santos unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, despois de proporcionar os primeiros coidados, trasladaron a catro dos cinco ocupantes da vivenda ao CHUAC para continuar co tratamento. 

Ademais, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros da Coruña con fin de revisar o inmoble e tratar de localizar a orixe do problema. Finalmente, comprobaron que podería tratarse do mal funcionamento do quentador da auga.

Igualmente, para este operativo, os servizos de emerxencias contaron coa colaboración dos axentes da Policía Local.