Escuchar
domingo, 10 Xuño, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre dous turismos na estrada de Cambados a Ribadumia.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos chocaron á altura da rotonda dos Castaños e, como consecuencia do impacto, catro persoas necesitaron asistencia médica. Así, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros de Ribadumia ante a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior dos vehículos implicados.

Unha vez no lugar, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.