Escuchar
xoves, 29 Marzo, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión en Arzúa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas de onte na AC-0905, no lugar de Dombodán. Como consecuencia do impacto, catro persoas sufriron lesións de diversa consideración e tres delas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Foi un particular quen alertou a través dunha chamada ao 112 Galicia e, deseguido, activouse un operativo, no que, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.

Cómpre salientar que o camión implicado neste accidente transportaba pienso, pero a carga apenas sufriu danos.

Accidente en Ferrol
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia de dúas persoas que resultaron feridas en Ferrol despois de bater contra un piar o coche no que circulaban polo túnel de Praza de España.

Sucedeu minutos antes das catro da madrugada e ata o lugar acudiron os bombeiros da cidade, xa que un dos feridos tiña dificultades para saír do vehículo.

Finalmente, abandonaron o coche sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración e foron evacuados por un equipo do 061-Urxencias Médicas.