Escuchar

Xestión de calidade

No Centro Integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia o Servizo 112 está certificado pola norma UNE-EN ISO 9001:2015. Desenvolve un sistema de organización que garante aos cidadáns unha atención e xestión das emerxencias eficaz e eficiente, aplicando estándares establecidos pola mesma entidade na procura da mellora continua, e cumprindo os requisitos que os cidadáns demandan na atención ás emerxencias, así como os legais e regulamentarios.

  • Dicimos o que facemos
  • Xustificámolo
  • Facemos o que indicamos
  • Demostrámolo

En outubro do ano 2003 o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia obtivo a certificación no Sistema de Xestión de Calidade pola norma UNE-EN ISO 9001 na versión do ano 2000. Actualmente, e dende o ano 2018, o Servizo conta coa cetfificación adaptada á nova versión da Norma do ano 2015.

Este sistema é auditado anualmente por AENOR, co resultado de “avaliación CONFORME”.

Descripción: Descripción: Descripción: IQNet

 

O selo de calidade recoñecido internacionalmente evidencia a implantación do Sistema de Xestión de Calidade garantindo un traballo cada vez máis eficaz e eficiente na xestión de recursos, poñendo énfase na satisfacción do cidadán. Ademais aumenta a súa eficacia e eficiencia planificando e implementando accións para abordar os riscos e oportunidades co fin de alcanzar mellores resultados e previr os efectos negativos.

 

A Dirección e o conxunto de persoas que forman parte do Servizo 112 Galicia asumen esta responsabilidade e compromiso na atención ás emerxencias aos cidadáns e aos Organismos de Seguridade e Emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por iso en abril do ano 2014 apróbase a Carta de Servizos Auditada para o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, documento que expresa  e reafirma o compromiso de transparencia, legalidade e eficacia na prestación telefónica das emerxencias.

E no ano 2015 obtén o Certificado EENA de calidade estándar para centros de emerxencia da UE cuxa finalidade é reforzar un traballo homoxéneo nos centros de emerxencia e potenciar a natureza europea do número 112.


Máis información nos seguintes arquivos en formato pdf:

Política de Calidade
Certificado de Rexistro de Empresa
Certificado Internacional IQnet
Carta General de Servicios (Página externa)
Certificado EENA