
A Xunta de Galicia pon a disposición dos cidadáns un número de teléfono de información a través do cal podes consultar as dúbidas sobre o novo coronavirus.
Este número de teléfono é o 900 400 116.
Ademais, é moi importante que mantiñamos unhas medidas de hixiene que axudan a protexerse do virus:
- Lava as mans con frecuencia
- Evita tocar boca, ollos e nariz
- Ao tusir, cobre a boca co cóbado ou un pano dun so uso
- Con síntomas, evita o contacto con outras persoas
Os síntomas compatibles con esta enfermidade son a febre, a tose e a dificultade respiratoria.
- Se goza de bo estado de saúde, manteña unha vida normal
- En caso de aparecer síntomas, permaneza no seu domicilio ou aloxamento e contacte telefonicamente co servizo de urxencias sanitarias 061 para explicar os síntomas.
Cómpre sinalar que as zonas de risco poden mudar, polo que recoméndase consultar con frecuencia a información da web do Ministerio de Sanidade
Aquí podes descargar toda a información en varios idiomas:
Teléfono de información: Prema neste enlace
Información para viaxeiros: