Escuchar
sábado, 27 Abril, 2019

Cinco persoas resultaron feridas esta tarde en Cangas nunha colisión na que se viron implicados tres turismos. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as cinco vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 14,400 da PO-551, ao fío das 17:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local,do Servizo Municipal de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.