
As condicións climáticas (chuvias, neve, xeo, vento...), así como unha avaría repentina ou un obstáculo inesperado, moitas veces relacionado cos efectos do tempo, poden facernos perder o control do coche.
Para recuperar a traxectoria sen sufrir demasiados danos, pensa que ese primeiro impulso de frear a fondo é un erro con graves consecuencias. Por iso, propoñemos que revises estas recomendacións para que teñas en conta se unha situación así chegase a producirse:
- Evita xiros bruscos de volante
- Se os freos deixan de funcionar de forma momentánea, solta o pé do acelerador e orienta o vehículo a unha zona segura
- Reduce a velocidade mediante o cambio a marchas máis curtas
- No peor dos casos, podemos parar o coche ao achegalo a un muro ou barreira de seguridade
Recorda que, debido aos fenómenos de meteoroloxía adversa, como o vento, a chuvia, a neve, o xeo.., debemos adaptar a velocidade ás condicións da vía para contar con tempo suficiente de reacción ante obstáculos como árbores ou polas caídas, bolsas de auga, material urbano desprazado.
Igualmente, debemos levar no vehículo o material necesario para combater os efectos, por exemplo, da neve: falamos de cadeas.
E, se tes algunha dúbida sobre realizar algún desprazamento, sempre podes consultar a través da DXT o estado das estradas.