Escuchar

As persoas de idade avanzada son máis propensas a sentir os efectos das altas temperaturas. Nestes días, cando a calor se nota con máis intensidade na nosa Comunidade, debemos prestar atención especial a estes colectivos tan vulnerables e adoptar as medidas necesarias para previr un golpe de calor.

Como podemos protexelos?

  • Ofrecéndolles auga a miúdo e insistir para que beban aínda sen sede
  • Evitar que consuman bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou as que teñen moito azucre
  • Nada de comidas copiosas
  • Manter os alimentos refrixerados
  • Suxeríndolles que vistan roupas lixeiras e de cores claras
  • Dentro da casa: que permanezan nos espazos ventilados ou acondicionados
  • Se saen á rúa, recordándolles que leven sempre un sombreiro, lentes de sol e, por suposto, cremas protectoras solares
  • Xamais deixalos que agarden sós dentro do coche, aínda que sexa por un tempo breve
  • En ningún caso deixalos que practiquen actividade física nas horas centrais do día

Sabemos que podes facelo! Agora, que che parece se compartes un tempo con eles, cos avós? Pola nosa parte, propoñemos unha actividade para os cativos para que xuntos comprendamos a importancia do coidado e tamén de pedir axuda cando o noso coidado non abonda. Que dicides? Apuntádesvos? Simplemente tedes que descargar e imprimir un debuxo e colorear a escena da familia dos Bolechas de cando chaman ao 112 para pedir axuda para a avoa Flora, que caeu nas pedras.

Preme aquí e comparte nas nosas redes sociais o resultado!