
Un descoido á hora de facer a comida pode producir un incendio na cociña. Se te atopas a voltas coas potas ao lume, recorda botar un ollo de cando en vez.
Ademais, estes consellos poden axudar no caso dun incidente:
- Tapa o recipiente se o lume está no seu interior.
- Lembra que as lapas deben sufocarse desde a súa base se empregas un extintor.
- Agáchate e avanza a ras do chan ata unha saída se a estancia está chea de fume.
- Recorda, as fiestras abertas poden avivar o lume a través das correntes de aire.