Escuchar
Consello xuño 2019

Co comezo do verán o corpo pide mar, montaña, música en directo ou unha viaxe sen fin. Para todo temos algo que dicir, por iso desde o 112 Galicia agardamos que goces do verán, pero tamén pedimos que teñas moi en conta unha serie de recomendacións que poñemos nas túas mans para reducir riscos e accidentes:

  • Na praia, respecta as indicacións dos socorristas.
  • Na montaña, activa o GPS e utiliza as ferramentas de xeolocalización.
  • Se acodes con nenos pequenos a eventos cunha gran afluencia de público, ponlles unha pulseira de identificación.
  • Para viaxes sen fin, descansa cada dúas horas.

En todos os casos, aplica o sentidiño.