Consello e Presidencia

CONSELLO REITOR DA AXEGA

O Consello Reitor da AXEGA como órgano colexiado de control, planificación e supervisión xeral da súa actividade está composto por:

Presidencia: Titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

Vicepresidencia: Titular do órgano directivo da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias que designe a persoa titular da devandita consellería.

Xerencia: o/a xerente da Axencia Galega de Emerxencias nomeado polo Consello Reitor a proposta da Presidencia.

16 Vocalías:

a) A persoa titular da secretaría xeral da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.
b) A persoa titular da dirección xeral competente en materia de interior.
c) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de voluntariado.
d) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de urbanismo e transportes.
e) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de montes e incendios forestais.
f) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de sanidade.
g) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.
h) Un representante, con categoría, polo menos, de director xeral, da consellería competente en materia de medio ambiente.
i) Tres vocais designados pola presidencia do consello reitor entre persoas expertas e de prestixio en materia de emerxencias.
j) Catro representantes dos concellos de Galicia, designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. A condición de vocal representante dos concellos estará vinculada á súa representatividade posuída, e perderase ao desaparecer aquela.
k) Un representante da Administración do Estado, nomeado pola persoa titular da Delegación do Goberno en Galicia.

Os vogais serán nomeados e cesados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

Secretaría: a persoa titular da secretaría xeral da AXEGA.

A pertenza ao consello reitor non xerará dereitos laborais nin económicos.

Funcións do Consello Reitor

a) Coñecer e aprobar as directrices xerais de actuación do organismo.
b) Coñecer e aprobar o plan anual de actividades.
c) Coñecer e aprobar a memoria de actividades do exercicio anterior.
d) Coñecer e aprobar o regulamento de réxime interior.
e) Coñecer e aprobar o anteproxecto de orzamento anual da AXEGA e as súas contas.
f) Nomear e cesar, por proposta da presidencia da AXEGA, ao xerente da mesma.
g) Nomear e cesar, por proposta da presidencia da AXEGA, ao secretario xeral da mesma.
h) Coñecer e emitir informe sobre aquelas normas relativas a disposicións e actos que afecten a funcións que a AXEGA ten encomendadas no seu estatuto.
i) Coñecer e emitir informe sobre os asuntos que a persoa titular da presidencia do consello reitor ou o/a xerente da AXEGA sometan á súa consideración.
j) Coñecer a estrutura orgánica e o cadro de persoal da AXEGA.
k) Coñecer os convenios de colaboración e cooperación subscritos pola persoa titular da presidencia en materia de xestión de emerxencias.
l) Calquera outra que regulamentariamente se lle poida atribuír.

O funcionamento do consello reitor axustarase ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, título II, capítulo II, sobre órganos colexiados.
Reunirase polo menos unha vez ao ano por convocatoria da persoa titular da presidencia. A convocatoria será realizada pola presidencia, por iniciativa propia ou a solicitude dun terzo dos membros do consello reitor.

 

PRESIDENCIA DA AXEGA

A Presidencia da AXEGA.- Exerce as seguintes funcións:

a) Convocar, fixar a orde do día, presidir e moderar o desenvolvemento das reunións do consello reitor, ou suspendelas por causas xustificadas.
b) Representar de forma ordinaria á AXEGA.
c) Celebrar acordos e convenios en nome da AXEGA.
d) Nomear e destituír o persoal de dirección da AXEGA.
e) Propoñer o nomeamento e cesamento do xerente da AXEGA ao consello reitor.
f) Propoñer o nomeamento e cesamento do secretario/a xeral da AXEGA ao consello reitor.
g) Propoñer ao Consello da Xunta de Galicia a aprobación da estrutura e cadro de persoal da AXEGA.
h) A alta dirección do persoal.
i) Decidir co seu voto de calidade calquera empate nas decisións que o consello reitor deba tomar.

A Vicepresidencia.- Substituirá ao presidente da AXEGA en caso de vacante, ausencia ou enfermidade do mesmo.