Escuchar
venres, 15 Xuño, 2018

Os servizos de emerxencias continúan na procura da muller de avanzada idade que desapareceu onte en Tordoia.

Ao operativo de busca, composto pola Unidade de Drons da Axega, a Policía Local de Tordoia, a Garda Civil, Protección Civil de Ordes e de Padrón con catro cans de rescate, sumáronse esta tarde os Voluntarios de Protección Civil do Val do Dubra e de Carballo.

Segundo a información que recibiu o 112 Galicia, a muller, de 79 anos de idade, saíu onte da súa casa, situada no lugar de Pontepedra, e foi vista por última vez arredor das seis da tarde por un veciño. Así o comunicaba ao 112 Galicia a Policía Local de Tordoia.

Tras a chamada dos axentes, dende o CIAE 112 Galicia mandouse aviso á Garda Civil, que activou o operativo de busca ao que se foron sumando os servizos de emerxencias.