Escuchar
sábado, 9 Novembro, 2019

Os traballos de extinción do incendio declarado a pasada madrugada nun estaleiro da parroquia de Lourizán, en Pontevedra, proseguen tras unha mañá na que os servizos de emerxencias se centraron na refrixeración e completa extinción dos puntos de combustión do recinto.

Deste xeito, os equipos de extinción seguen a actuar sobre a zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas, posiblemente, rematen ao longo das próximas horas.

Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Morrazo, Pontevedra, Salnés, Vigo, así como o Servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambados. Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.

Igualmente, cómpre salientar que, o servizo de Salvamento Marítimo colaborou co despregue de barreiras na zona, seguindo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia -Plan CAMGAL-.