Escuchar
venres, 6 Xullo, 2018

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, despois de saírse da vía co vehículo no que viaxaban.

O accidente ocorreu no concello lucense de Pol, no lugar de Cirio. Ao fío das 17:00 horas, o CIAE recibía a chamada dun particular que informaba dunha saída de vía na LU-760, ao redor do punto quilométrico 5, indicaba que había dúas persoas gritando e que non  podían saír do interior do turismo.

Foi a partir de aí, cando os profesionais do 112 Galicia puxeron en alerta aos servizos sanitarios. Ademais, informaron da situación aos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES da Pontenova. Tamén, aínda que xa tiñan constancia, os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados polos xestores do 112, así como, o persoal do servizo de mantemento da  estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía.

Unha vez no lugar, os membros do parque comarcal indicaron que non chegaran a intervir, persoal sanitario puido sacar aos feridos do interior do turismo sen o uso do material de excarceración.

Os dous feridos foron trasladados en ambulancias do 061 ao centro hospitalario de referencia.