Escuchar
mércores, 29 Agosto, 2018

Dous mozos foron rescatados onte en Illa Pancha (Ribadeo) despois de botarse á auga para nadar. As dificultades que os rapaces se atoparon para voltar á beira debido a un mar picado obrigou a intervir aos equipos de rescate.

Foi un compañeiro quen, ao ver os mozos en apuros, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Pasaban das nove da noite e, decontado, activouse o operativo de rescate no que participaron efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que acudiron ao lugar tras o aviso do 112 a bordo do helicóptero Pesca II. Tamén contaron coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Ribadeo e os axentes da Policía Local.

Precisamente, foron os rescatadores do Pesca II quen devolveron aos rapaces a terra en perfecto estado de saúde, polo que se descartou a asistencia sanitaria.